GUÍA ELECTRÓNICA
CULTIVANDO O EQUILIBRIO:
BENESTAR MENTAL E LABORAL
Quiz-summary
0 of 15 questions completed
Preguntas:
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
Information
CULTIVANDO O EQUILIBRIO:
BENESTAR MENTAL E LABORAL
You have already completed the quiz before. Hence you can not start it again.
Quiz is loading...
You must sign in or sign up to start the quiz.
You have to finish following quiz, to start this quiz:
Cuestionario
Time has elapsed
Categories
- Not categorized 0%
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- Answered
- Review
-
Pregunta 1 de 15
1. Pregunta
Sentes que a cantidade de traballo na túa actividade agraria é esgotadora e difícil de manexar?
Correcto
A actividade agraria pode ser difícil de manexar. É un desafío común para moitos/as agricultores/as. Para manexar mellor esta carga de traballo e sentirte menos saturado/a, recomendamos:
1. Planificación e organización: Crea un plan de traballo diario e semanal, divide as tarefas grandes en máis pequenas, establece horarios fixos.
2. Optimización do traballo: Inviste en ferramentas e tecnoloxía, agrupa tarefas similares.
3. Delegación e apoio: Pide axuda cando a necesites, considera a posibilidade de colaborar con outros agricultores (compartir maquinaria, coñecementos ou mesmo man de obra en momentos de moito actividade)
4. Coidado persoal: Establece límites de tempo para o traballo, dedícate tempo a ti mesmo/a.
Lembra que manexar unha actividade agraria é unha maratón, non unha carreira de velocidade. Implementar aínda que so sexan unha ou dúas destas recomendacións pode axudarche a recuperar o control gradualmente.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 2 de 15
2. Pregunta
Traballas más aló dos teus límites físicos ou mentais porque sentes que non hai outra opción?
Correcto
Esa sensación de estar atrapado nun ciclo sen fin é unha das maiores cargas para un agricultor. É importante que saibas que si, hai outras opcións, e que o teu benestar é a base máis importante para que a túa actividade sexa sostible a longo prazo.
Aquí tes algunhas recomendacións enfocadas en recuperar o control e romper ese ciclo:
1. Aceptar que NON podes facelo todo (e iso está ben). A túa saúde física e mental é o teu activo máis valioso; sen ela, a túa actividade deterase por completo: Identifica as tarefas de maior impacto e as que podes delegar.
2. Automatización e eficiencia como prioridade de vida. A automatización non é un luxo, senón como unha necesidade para o teu benestar: Busca solucións pequenas (non necesitas un investimento masivo), explora apoios financeiros (subvencións, programas de apoio ou liñas de crédito específicas para a agricultura)
3. Establece límites físicos e mentais estritos: Programa un tempo de descanso e cúmpreo, practica a delegación de responsabilidades, busca apoio (comparte os teus sentimentos coa túa parella, familia, amigos ou un grupo de agricultores)
Lembra: traballar máis aló dos teus límites non chi fai máis forte; só che fai máis vulnerable ao esgotamento e ao fracaso. Tomar medidas para protexer o teu benestar non é unha opción, é unha necesidade para que a túa actividade agraria prospere de verdade.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 3 de 15
3. Pregunta
Os teus horarios de traballo son impredecibles ou vense interrumpidos por emerxencias (ex. clima, animais, maquinaria)?
Correcto
A imprevisibilidad do teu traballo, causada por emerxencias como o clima, animais ou fallos de maquinaria, crea unha contorna estresante e, o que é máis importante, arriscado.
Non se trata só de xestionar o teu tempo, senón de xestionar os riscos que eses horarios irregulares e interrupcións conlevan.
1. Planificación de riscos: Identifica e avalía os teus riscos (fai unha listaxe de posibles emerxencias e posibilidade de que ocorran), mantemento preventivo de equipos
2. Protocolos de actuación ante emerxencias:
• Crea protocolos simples: Deseña un protocolo sinxelo para cada tipo de emerxencia. Por exemplo, para unha avaría: 1) Apaga a máquina de forma segura, 2) Sinaliza a zona, 3) Avalía o problema, 4) Notifica á persoa de contacto.
• Prepara o teu equipo de emerxencia: Mantén un kit de primeiros auxilios, un extintor e ferramentas básicas nun lugar fixo e accesible.
• Define un punto de contacto ou unha persoa á que avisar se xorde unha emerxencia. Asegúrate de que alguén máis saber onde estás e cales son os teus plans, especialmente se traballas só ou en áreas remotas.
3. Coidado Persoal: Prioriza o descanso (non é un luxo, senón unha medida de seguridade), utiliza o teu equipo de protección persoal (EPP), formación continua
A clave está en non deixar que as emerxencias te controlen. Ao preparar as túas respostas de antemán, podes transformar unha situación de risco nun problema manexable.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 4 de 15
4. Pregunta
Tes dificultade para desconectar mentalmente das preocupacións do traballo (cultivos, animais, mercado) cando non estás fisicamente traballando?
Correcto
Desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, esta incapacidade para desconectar non é só unha cuestión de benestar, senón un factor de risco directo para a túa seguridade e saúde.
A preocupación constante provoca fatiga mental, que é tan perigosa como a fatiga física. Unha mente esgotada toma peores decisións, reacciona máis lento e é máis propensa a cometer erros que poden levar a accidentes graves no traballo. Por tanto, aprender a desconectar é unha medida de seguridade esencial.
1. Establecer límites de seguridade mentais entre a túa vida laboral e persoal: Crea un ritual de “desconexión” (quitarche as botas de traballo ao entrar a casa, gardar o teu teléfono, un cambio de roupa), define unha “área libre de preocupacións” (un lugar no teu fogar onde as conversacións sobre o traballo están prohibidos como a mesa do comedor, a sala…), evita consultar o correo durante o teu tempo libre.
2. Actividades de recuperación. O descanso mental non significa non facer nada, é unha “recuperación activa” para a seguinte xornada laboral: Inviste nun pasatempo (ler, escoitar música, pintar…), practica exercicio físico xa que é unha das mellores ferramentas para liberar a tensión e a ansiedade.
3. Xestión do risco da preocupación: Establece un “tempo de preocupación” (fóra dese tempo, se unha preocupación aparece, lémbrate que a abordarás no teu “momento de preocupación” programado), converte as preocupacións en tarefas (ex. se che preocupa unha praga, convérteo nunha tarefa para o día seguinte: “Investigar opcións de control biolóxico de pragas” ou “Revisar o estado dos cultivos mañá pola mañá”)
Lembra: a capacidade de desconectar é a forma de asegurar que cando regreses ao traballo, fágalo coa mente clara, os reflexos a punto e a capacidade para tomar as mellores decisións.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 5 de 15
5. Pregunta
Sentes que tes control sobre os factores crave que afectan o éxito da túa explotación (ex. clima, prezos de mercado, pragas…)?
Correcto
Desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, esta sensación de que os factores clave para o éxito da túa explotación (clima, prezos, pragas) están fóra do teu control non é só unha preocupación emocional, senón un risco psicosocial significativo.
A falta de control pode levar á fatiga mental, o esgotamento (burnout) e, en última instancia, a unha menor atención, o que aumenta o risco de accidentes físicos. A clave non está en controlar o incontrolable, senón en xestionar os riscos que eses factores externos impóñente.
1. Xestionar o controlable. Non podes controlar o clima ou os mercados, pero si podes controlar a túa resposta a eles: Diversificación como seguro de riscos (diversificar o teu ingreso é unha forma de reducir a presión financeira), planificación de escenarios (non podes predicir unha seca ou unha praga, pero podes ter un plan para enfrontalas)
2. Preparación física e mental. Adestra a túa mente para o risco (separa o que podes controlar do que non), protexe o teu descanso, fórmate en riscos
Co control non podes dominar a contorna, pero si xestionar as túas respostas. É unha visión proactiva que transforma a vulnerabilidade en resiliencia.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 6 de 15
6. Pregunta
A incerteza (climática, económica) sobre o futuro da túa actividade agraria xérache ansiedade ou preocupación excesiva?
Correcto
Desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, esta ansiedade non é só unha preocupación persoal, senón un risco psicosocial directo que pode afectar a túa seguridade e benestar.
A ansiedade excesiva xera un estado de alerta constante que consome a túa enerxía mental. Isto pode provocar falta de concentración, fatiga crónica e, en última instancia, aumentar a probabilidade de cometer erros ou sufrir accidentes físicos no traballo. Xestionar esta incerteza é, por tanto, unha medida fundamental de seguridade.
1. Protexer o presente: Enfócate no que podes facer hoxe, separa conscientemente o que podes controlar do que non.
2. Crear un plan de resiliencia: Elabora plans de continxencia para os riscos máis probables e utiliza a colaboración como unha medida de seguridade.
3. Priorizar a túa saúde mental: Considera o teu descanso como un investimento en seguridady busca apoio profesional se a ansiedade é excesiva e persistente. Do mesmo xeito que revisas a túa maquinaria para evitar fallos, coidar a túa saúde mental prevén o esgotamento e o risco de accidentes.
A clave non é eliminar a incerteza, senón desenvolver a fortaleza para manexala. Ao enfocarche no presente, crear un plan de resiliencia e protexer o teu benestar, estás a tomar as medidas máis importantes para asegurar o futuro da túa explotación e, o que é máis importante, o teu.Incorrecto
Seguir co cuestionario
-
Pregunta 7 de 15
7. Pregunta
Sentes que tes suficiente apoio (de familia, empregados, veciños, cooperativas) para xestionar as demandas do teu traballo?
Correcto
Seguir co cuestionario
Incorrecto
Desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, esta falta de apoio non é un problema persoal, senón un risco psicosocial significativo.
O illamento e a falta de soporte son factores de risco recoñecidos que poden levar directamente a:
• Esgotamento mental e físico (burnout): A sensación de ter que facelo todo só aumenta a tensión e a fatiga.
• Maior probabilidade de accidentes: Unha persoa tensa e esgotada está menos alerta, toma peores decisións e é máis propensa a cometer erros.
• Deterioración da saúde mental: A falta de apoio pode causar ansiedade, depresión e un sentimento de vulnerabilidade.
Xestionar este risco implica ver a procura de apoio non como unha debilidade, senón como unha estratexia de seguridade activa.
1. Identificar e activar a túa rede de apoio. Para previr o risco de illamento, primeiro debes recoñecer as fontes de axuda dispoñibles e ser proactivo para activalas: Comunica de maneira clara as túas necesidades específicas e delega como unha medida de seguridade.
2. Construír un sistema de apoio externo. A cooperación con veciños e a participación en asociacións é unha forma de mitigar o risco de forma colectiva: ao compartir experiencias, podes atopar solucións a problemas que non sabías como abordar.
Fortalecer os teus lazos coa familia, empregados e a comunidade é a forma máis efectiva de construír unha defensa sólida contra a tensión, o esgotamento e os riscos laborais. -
Pregunta 8 de 15
8. Pregunta
Sénteste cómodo/a pedindo axuda ou falando das túas dificultades con alguén de confianza na túa contorna?
Correcto
Seguir co cuestionario
Incorrecto
O problema que describes é unha barreira común, pero desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, é crucial abordalo porque a incomodidade ao pedir axuda é, en si mesma, un risco laboral significativo.
A saúde mental e o benestar emocional son compoñentes fundamentais da seguridade no traballo. Non falar das dificultades ou non buscar apoio pode levar á fatiga mental e ao illamento, o que á súa vez incrementa o risco de accidentes e enfermidades ocupacionais.
1. O silencio como factor de risco. O silencio sobre unha sobrecarga de traballo, un problema de saúde ou unha dificultade financeira impide que se tomen as medidas necesarias para mitigalos.
• Risco de illamento: O illamento é un risco psicosocial que pode levar á depresión e a ansiedade.
• Risco de fatiga por sobrecarga: A resistencia para pedir axuda a miúdo lévate a asumir máis do que podes manexar. A fatiga resultante non só afecta a túa saúde, senón que tamén reduce a atención e os reflexos.
• Risco de decisións inseguras: Cando estás baixo presión e sen apoio, podes tomar decisións apresuradas ou inseguras para “saír do paso”.
O primeiro paso para xestionar este risco é recoñecer que a túa incomodidade é válida, pero que o risco que xera é demasiado alto para ignoralo. O seguinte paso é empezar a ver a procura de apoio como unha ferramenta esencial no teu kit de seguridade.
2. Pedir axuda. Desde unha visión preventiva, pedir axuda non é un signo de debilidade, senón un acto de responsabilidade e seguridade activa.
• É unha auditoría de riscos: Ao expresar unha dificultade, estás a identificar unha condición de traballo perigosa (o exceso de carga, a tensión) que necesita ser corrixida.
• É unha medida de control: Ao delegar unha tarefa a alguén (un empregado, un familiar) transfires parte da carga de traballo e, con ela, parte do risco asociado, a outra persoa, asegurándoche de que as tarefas se completen de maneira máis segura.
• É un investimento en resiliencia: Falar das túas dificultades cunha persoa de confianza ou un profesional fortalece o teu resiliencia mental liberas tensión, o que che permite enfrontar os desafíos futuros cunha mente máis clara e un enfoque máis seguro. -
Pregunta 9 de 15
9. Pregunta
Sentes que o traballo na explotación invade o teu tempo persoal ou familiar, mesmo cando estás na casa?
Correcto
A invasión do teu tempo persoal é un risco psicosocial que impide a recuperación mental e física, o que aumenta a fatiga, a tensión e, en última instancia, o risco de accidentes no traballo.
Para mitigar este risco, debes establecer límites de seguridade claros e rigorosos entre a túa vida laboral e a túa vida persoal.
1. Protocolos de desconexión e delimitacións físicas e temporais (xa mencionados na pregunta n.º 4): ritual de fin de xornada, desconexión dixital e espazos “libres de traballo”
2. Protección do tempo de recuperación. O descanso non é un premio polo traballo duro; é unha necesidade para a prevención de riscos. Ademais cando o traballo invade o fogar, pode causar tensión e tensión na túa vida persoal. Manter unha vida familiar estable e feliz é unha medida de prevención indirecta, xa que unha contorna de apoio reduce a tensión e permíteche regresar ao traballo máis acougado e concentrado.
Establecer estes límites non é un signo de debilidade; é unha demostración de que tomas en serio o teu benestar e a túa seguridade.Incorrecto
Seguir co cuestionario
-
Pregunta 10 de 15
10. Pregunta
Algún día na semana logras ter polo menos un par de horas de tempo libre sen pensar no traballo ou realizar tarefas laborais?
Correcto
Continuar co test
Incorrecto
Esta situación non é só un problema de balance de vida, senón un risco psicosocial que pode ter graves consecuencias.
A falta dun descanso real e a incapacidade para desconectar das preocupacións laborais son a causa principal da fatiga mental e o esgotamento (burnout). Unha mente fatigada é máis propensa a cometer erros, reaccionar lentamente e tomar decisións inseguras, o que aumenta significativamente o risco de accidentes.
Para abordar este risco, necesitas ver o tempo libre como unha medida de seguridade fundamental.
1. O descanso como protocolo de seguridade. Non penses no tempo libre como un luxo, senón como unha parte vital da túa xornada laboral, tan importante como o mantemento da maquinaria. O cerebro necesita “recargar baterías” e esas dúas horas que buscas non son un capricho; son unha necesidade biolóxica.
2. Estratexias para crear tempo libre (control de riscos). Debes crear esas horas de forma intencional e estratéxica.
• Planifica o descanso primeiro, non deixes o tempo libre para o final.
• Automatiza ou delega tarefas de baixo impacto:
• Identifica actividades que consomen moito tempo e non son produtivas.
3. Protexe o teu tempo de recuperación. Unha vez que creaches o tempo libre, é crucial que o protexas da invasión do traballo: o “modo avión” mental ou definir unha “zona libre de traballo”:
Lograr ter unhas horas de tempo libre non é só para a túa felicidade; é unha medida estratéxica para previr riscos, protexer a túa saúde a longo prazo e asegurar a sustentabilidade do teu traballo. -
Pregunta 11 de 15
11. Pregunta
Realizas actividades que che gustan (hobbies, lecer, descanso) que non teñen ningunha relación coa túa actividade agraria?
Correcto
Continuar co test
Incorrecto
Desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, isto é un risco psicosocial significativo, xa que impide a recuperación mental e emocional necesaria para manterche alerta e seguro/a.
A falta de lecer e desconexión conduce ao esgotamento (burnout), a fatiga crónica e a tensión, o que aumenta drasticamente o risco de cometer erros e sufrir accidentes no traballo. O teu lecer non é unha distracción; é unha medida de seguridade fundamental.
1. O lecer como medida de seguridade. O lecer é o teu Equipo de Protección Persoal (EPP) Mental, o teu cerebro non pode estar en modo “traballo” as 24 horas do día e participar nunha actividade que che gusta e que non ten relación co teu traballo dálle á túa mente a oportunidade de desconectar.
2. Tipos de lecer para a prevención de riscos.
• Lecer Activo: Actividades que implican movemento físico, como camiñar, correr ou bailar..
• Lecer Creativo: Actividades que che permiten expresar a túa creatividade, como debuxar, pintar, tocar un instrumento musical ou cociñar.
• Lecer de Coñecemento: Actividades que implican aprender algo novo, como ler un libro, ver un documental.
3. Estratexias para priorizar o lecer.
• Programa o teu lecer primeiro: No teu calendario semanal, bloquea 30-45 minutos ao día para a túa actividade favorita.
• Empeza con “micro-momentos”: Non tes que atopar un bloque de dúas horas de inmediato. Empeza con 15 minutos.
• Delega para liberar tempo:
O lecer non é unha distracción do traballo; é unha medida de seguridade estratéxica para protexer o teu activo máis valioso: o teu benestar físico e mental. -
Pregunta 12 de 15
12. Pregunta
Tes dificultade para conciliar o soño ou mantelo debido ás preocupacións relacionadas co teu traballo?
Correcto
Esta situación non é só un problema de benestar, senón un risco ocupacional directo que compromete a túa seguridade e saúde.
A falta de soño de calidade conduce a unha fatiga mental e física que reduce a concentración, a capacidade de reacción e a toma de decisións, aumentando drasticamente o risco de accidentes.
1. O soño como medida de seguridade. Non penses no soño como un luxo, senón como o protocolo de seguridade máis importante do teu día.
• Soño = Mantemento do cerebro
• A somnolencia reduce os teus reflexos, a túa coordinación e a túa capacidade para avaliar perigos.
2. Estratexias para a “desconexión total”. Para durmir, a túa mente necesita deixar de pensar nas preocupacións laborais. Isto require un protocolo de xestión da ansiedade.
• A “hora de preocupación” programada: Designa 15-20 minutos a media tarde ou á noitiña para escribir nun caderno todo o que te preocupa do traballo, así lle indicas ao teu cerebro que xa as xestionaches por hoxe.
• O “ritual de fin de xornada”: Esta ritual axuda ao teu cerebro para pasar do “modo traballo” ao “modo descanso”.
3. Hixiene do soño como práctica de seguridade.
• Prohibido o dixital antes de durmir: A luz azul das pantallas de teléfonos e tabletas suprime a melatonina, a hormona que regula o soño. Evita o uso destes dispositivos polo menos unha hora antes de deitarte.
• O dormitorio é unha “zona segura”: Elimina calquera cousa relacionada co traballo (papeis, dispositivos, etc.). O cerebro debe asociar o dormitorio unicamente co soño e o descanso.
Priorizar o teu soño é unha dos mellores investimentos que podes facer na túa seguridade, o teu benestar e a sustentabilidade do teu traballo a longo prazo.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 13 de 15
13. Pregunta
Experimentas síntomas físicos como fatiga crónica, dores de cabeza, tensión muscular ou problemas dixestivos que relacionas coa tensión laboral?
Correcto
Os síntomas físicos que experimentas non son só unha molestia persoal; desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, son un sinal de alarma clara de que o teu corpo está a sufrir as consecuencias da tensión laboral crónica. Ignorar estes sinais é un risco grave que pode comprometer a túa saúde e seguridade a longo prazo.
A tensión crónica é un risco psicosocial que se manifesta fisicamente. A fatiga, as dores musculares e os problemas dixestivos son advertencias do teu corpo de que algo non está a funcionar ben e, se non se atende, pode levar a accidentes, enfermidades e mesmo lesións máis graves.
1. Recoñecer os síntomas como unha alerta de risco, o teu corpo está a avisarte de que o motor (o teu sistema nervioso e físico) está sobrecargado.
2. Medidas de seguridade para o corpo: o descanso e a recuperación son innegociables, realiza estiramentos suaves ou dá un pequeno paseo para liberar a tensión, mantente ben hidratado e asegúrate de consumir alimentos nutritivos. Un corpo ben alimentado é máis resiliente fronte á tensión e a fatiga.
3. Estratexias para a prevención da tensión crónica: revisión da carga de traballo, establece límites para o teu tempo persoal, busca asesoramento profesional se os síntomas persisten. Esta é unha medida de seguridade crítica que non debe ser ignorada.
Ao prestar atención aos sinais do teu corpo e tomar medidas proactivas, non só melloras a túa saúde, senón que tamén tomas o control da túa seguridade no traballo, evitando riscos innecesarios.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 14 de 15
14. Pregunta
Sénteste irritable, desmotivado/a ou con cambios de humor que atribúes á presión da túa actividade agraria?
Correcto
Experimentar irritabilidade, desmotivación ou cambios de humor é un sinal claro de que a presión do teu traballo está a afectar o teu benestar. Desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, estes síntomas non son un problema persoal; son unha alerta de risco psicosocial que debe ser tratada coa mesma seriedade que calquera outro risco físico na túa explotación.
1. Recoñecer a conexión: Emoción = Risco. As túas Emocións son un “monitor de risco” e o teu estado emocional é o elo máis débil da túa cadea de seguridade.
2. Estratexias para a xestión da tensión (control de riscos):
• A “pausa de seguridade”: Cando sintas que a frustración ou a irritabilidade aumentan, toma unha pausa obrigatoria de 5 a 10 minutos.
• Libera a tensión acumulada realizando unha actividade física breve (unha camiñada rápida, uns minutos de estiramentos…)
• A “válvula de seguridade”: Falar das túas preocupacións con alguén de confianza é unha forma de liberar a presión emocional antes de que se acumule.
3. Medidas preventivas a longo prazo
• Revisa a túa carga de traballo e busca formas de delegar ou automatizar tarefas para reducir a presión.
• Establece límites de seguridade separando traballo e a túa vida persoal.
Xestionar o teu benestar emocional non é unha opción; é un compoñente esencial da seguridade laboral. Ao prestar atención aos sinais do teu corpo e tomar medidas proactivas, protéxeste a ti mesmo e á túa contorna de traballo.Incorrecto
Continuar co test
-
Pregunta 15 de 15
15. Pregunta
Cando te enfrontas a un problema grave na túa explotación (ex. enfermidade do gando, praga, avaría), sénteste efectivo/a para manexar a situación e recuperarte emocionalmente?
Correcto
No sentirse efectivo/a para manejar una crisis en la explotación y el tiempo que toma recuperarse emocionalmente es un problema grave. Desde la perspectiva de la prevención de riesgos laborales, esta situación representa un riesgo psicosocial significativo, ya que el estrés, la ansiedad y la ineficacia percibida aumentan la probabilidad de errores, accidentes y, a largo plazo, el agotamiento.
El objetivo no es evitar los problemas, sino estar preparados para ellos. Sentirse ineficaz es la consecuencia de no tener un protocolo claro. La solución es crear un plan de acción de seguridad que te dé el control y la confianza que necesitas.
1. Crear un protocolo de gestión de crisis. En lugar de reaccionar de forma emocional, sigue un plan sistemático:
• Paso 1: La “pausa de seguridad”.
• Paso 2: Evalúa los riesgos inmediato y aborda primero la seguridad.
• Paso 3: Sigue tu “plan de emergencia”. Ten planes simples y escritos para las emergencias más comunes. Por ejemplo, “si hay una avería en el tractor, primero llamo a Juan, luego reviso el fusible principal”…
2. Medidas para la recuperación emocional. Una vez que la crisis ha pasado, tu bienestar emocional es una prioridad de seguridad.
• El “desahogo de seguridad”: Habla sobre lo que pasó con alguien de confianza.
• El ritual del fin de la crisis: Haz algo simbólico para cerrar el evento estresante. Puede ser limpiar el área afectada, guardar las herramientas de emergencia o simplemente tomarte un café.
3. Entrenamiento y preparación.
• Invertir en formación. El conocimiento te da un sentido de control y reduce la incertidumbre que causa el estrés.
• Practica mentalmente tu respuesta: De vez en cuando, tómate un momento para pensar: “¿Qué haría si pasara esto?”
Al crear un plan de acción para las crisis, te conviertes en un/a gestor/a de riesgos proactivo/a. No solo te proteges de accidentes, sino que también construyes una resiliencia que te permitirá recuperarte más rápido de los desafíos.Incorrecto
Continuar co test
Esta guía ofrece recomendacións básicas para mellorar o benestar mental e laboral no sector agrario, con enfoque de xénero e prevención dos riscos psicosociais.
Axuda a identificar sinais de estrés e a fomentar contornas de traballo máis saudables e equilibradas.
Pode continuar co seguinte documento interactivo:
