GUÍA ELECTRÓNICA ALTERADORES ENDÓCRINOS.
RISCOS ESPECÍFICOS SOBRE AS MULLERES
Quiz-summary
0 of 20 questions completed
Preguntas:
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
Information
Test
You have already completed the quiz before. Hence you can not start it again.
Quiz is loading...
You must sign in or sign up to start the quiz.
You have to finish following quiz, to start this quiz:
Cuestionario
Time has elapsed
Categories
- Not categorized 0%
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- Answered
- Review
-
Pregunta 1 de 20
1. Pregunta
COÑECE AS FUNCIÓNS DO SISTEMA ENDÓCRINO E DAS HORMONAS?
Correcto
¡¡¡Estupendo!!!
Incorrecto
O sistema endócrino está formado por glándulas que fabrican hormonas. As hormonas son os mensaxeiros químicos do organismo. Transportan información e instrucións dun conxunto de células a outro.
O sistema endócrino inflúe en case todas as células, órganos e funcións do corpo.
- As glándulas endócrinas liberan hormonas no torrente sanguíneo. Este permite que as hormonas cheguen a células doutras partes do corpo.
- As hormonas do sistema endócrino axudan a controlar o estado de ánimo, o crecemento e o desenvolvemento, a forma en que funcionan os órganos, o metabolismo e a reprodución.
- O sistema endócrino regula que cantidade se libera de cada unha das hormonas. Isto depende da concentración de hormonas ou doutras substancias, como o calcio, que haxa no sangue. Hai moitas cousas que afectan as concentracións hormonais, como a tensión, as infeccións e os cambios no equilibrio de líquidos e minerais que hai no sangue.
Unha cantidade excesiva ou demasiado reducida de calquera hormona pode ser prexudicial para o corpo. Os medicamentos poden tratar moitos destes problemas.
-
Pregunta 2 de 20
2. Pregunta
SABE QUE SON OS ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
¡¡¡Fantástico!!!
Incorrecto
Segundo a definición da Organización Mundial da Saúde (OMS), un alterador endócrino é unha “substancia química esóxena ou unha mestura delas que altera as funcións do sistema endócrino provocando efectos adversos para a saúde nun individuo san ou nos seus descendentes”.
Os alteradores endócrinos poden ser naturais, sintéticos, industriais ou subproductos, con diferente capacidade de permanencia no ambiente. Alteran o equilibrio hormonal, é dicir, a síntese, liberación, transporte, ligazón, acción ou eliminación das hormonas naturais do organismo
-
Pregunta 3 de 20
3. Pregunta
SABE COMO ACTÚAN OS ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
¡¡¡Xenial!!!
Incorrecto
As posibles formas de actuación dos alteradores endócrinos son:
- Imitando a acción dunha hormona natural, ocasionando reaccións químicas similares no organismo.
- Evitando a acción das hormonas polo bloqueo dos receptores hormonais das células.
- Alterando a concentración natural de hormonas no organismo mediante cambios na súa síntese, transporte, metabolismo ou eliminación.
-
Pregunta 4 de 20
4. Pregunta
SABE CALES SON AS VÍAS DE ENTRADA AO ORGANISMO DOS ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
¡¡¡Ben feito!!! Isto reduce os riscos laborais.
Incorrecto
No ámbito laboral, do mesmo xeito que outras substancias químicas, os alteradores endócrinos poden absorberse por vía dixestiva, respiratoria, dérmica, ou intravenosa/parenteral -en contornas hospitalarias-. Tamén poderían entrar por transferencia biolóxica (a través da placenta ou o leite materno)
-
Pregunta 5 de 20
5. Pregunta
SABE ONDE ESTÁN PRESENTES OS ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
¡¡¡Estupendo!!! Isto reduce os riscos laborais.
Incorrecto
Os alteradores endócrinos utilízanse en moi diversos sectores industriais tales como agricultura, limpeza, fabricación de plásticos ou construción, ademais de estar presentes en produtos que utilizamos no noso día a día como pinturas, envases, productos cosméticos, ambientadores, medicinas, alimentación, plásticos, etc.
-
Pregunta 6 de 20
6. Pregunta
SABE QUE EFECTOS TEÑEN OS ALTERADORES ENDÓCRINOS NA SÚA SAÚDE?
Correcto
¡¡¡Excelente!!!
Incorrecto
As substancias con propiedades de alteración endócrina poden modificar entre outros aspectos, a velocidade de crecemento, o desenvolvemento e funcionamento dos órganos sexuais, a reprodución e o comportamento do ser humano e dos animais.
Entre as enfermidades que producen inclúense a obesidade e desordes metabólicos; alteracións da capacidade reprodutiva de mulleres e homes; cancros en órganos do sistema reprodutivo; alteracións tiroideas; alteracións do desenvolvemento neurolóxico; alteracións inmunolóxicas e déficit do coeficiente intelectual.
Os seus efectos poden ser hereditarios, é dicir, os efectos poden acabar observándose en xeracións posteriores que non tiveron exposición aos mesmos.
Hai que sinalar que os alteradores endócrinos non presentan unha relación dose-resposta lineal (a maior dose maior resposta), senón que presentan unha relación non lineal, ben en forma de U ou de U invertida (curvas non monotónicas), de maneira que poden provocar efectos tóxicos a doses altas, ningún efecto a doses intermedias e efectos adversos a doses baixas, ou viceversa.
-
Pregunta 7 de 20
7. Pregunta
COÑECE O PERÍODO DE TEMPO NO QUE PODEN MANIFESTARSE OS EFECTOS DA EXPOSICIÓN Á ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
¡¡¡Ben feito!!!
Incorrecto
Os efectos derivados da exposición a alteradores endócrinos poden manifestarse de forma inmediata pero tamén poden permanecer latentes manifestándose nun momento concreto da vida da persoa (por exemplo durante o embarazo) incluso varios anos despois da exposición.
Ademais, os efectos dos alteradores endócrinos caracterízanse polo seu compoñente hereditario, de maneira que os que sofre a persoa que tivo unha exposición directa a eles poden acabar observándose tamén en xeracións posteriores que non estiveron expostas aos mesmos.
-
Pregunta 8 de 20
8. Pregunta
SABE EN QUE PRODUTOS DE CONSUMO ESTÁN PRESENTES OS ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
¡¡¡Fantástico!!! Isto reduce os riscos laborais
Incorrecto
Estas substancias están por todas partes e convivimos permanentemente con elas xa sexa no fogar, no traballo, na rúa ou incluso no campo:
- Alimentos.
- Pesticidas.
- Produtos de hixiene persoal e de limpeza.
- Materiais de construción.
- Materiais plásticos.
- Ambientadores.
- Materiais de decoración.
- Insecticidas.
- Roupa.
- Xoguetes.
- Electrodomésticos.
- Protectores solares
- Conservantes utilizados en produtos cosméticos
- Aparatos electrónicos
-
Pregunta 9 de 20
9. Pregunta
SABE EN QUE PRODUTOS DOS QUE EMPREGA NO SEU TRABALLO ESTÁN PRESENTES ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
¡¡¡Xenial!!! Isto reduce os riscos laborais
Incorrecto
Dioxinas.
Furanos.
PCB.
Bisfenois, alquilfenois o benzofenonas.
Ftalatos ou retardantes de chama bromados.
Hormonas sintéticas que se utilizan para o engorde do gando ou para algúns tratamentos médicos.
Pesticidas, herbicidas e biocidas.
Metais pesados.
Protectores solares.
-
Pregunta 10 de 20
10. Pregunta
COÑECE OS PROTOCOLOS DE SEGURIDADE NA APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS E BIOCIDAS?
Correcto
¡¡¡Ben feito!!! Ler, comprender as etiquetas e seguir as instrucións é unha maneira sinxela de previr os riscos laborais.
Incorrecto
Normas para o uso seguro de produtos fitosanitarios:
- Antes da aplicación
- Ler sempre atentamente a etiqueta e seguir estritamente as instrucións.
- Protexerse adecuadamente durante a mestura. Utilizar, como mínimo, mono de traballo, luvas, pantalla protectora e botas.
- Calibrar o equipo de aplicación polo menos unha vez ao ano.
- Durante a aplicación
- Tratar con boas condicións meteorolóxicas.
- Durante a preparación do caldo de tratamento e durante a súa aplicación evitar a presenza de persoas alleas ao tratamento.
- Enxaguar tres veces cada envase (produtos líquidos) que baleire e verta a auga de lavado ao depósito do pulverizador para a súa reutilización.
- Protexerse durante a aplicación respectando as medidas de protección indicadas na etiqueta. Usar, como mínimo, gorra, mono de traballo, luvas e botas debaixo do mono.
- Non comer, nin beber, nin fumar durante a preparación e aplicación do produto.
- Respectar sempre as doses recomendadas na etiqueta e preparar só o volume do caldo necesario para a aplicación a realizar
- Despois da aplicación
- Limpar o equipo de aplicación (cuba, mangueiras, embocaduras, filtros,..) con auga limpa.
- Depositar os envases baleiros nos puntos de recollida autorizados.
- Almacenar os produtos fitosanitarios no seu envase orixinal, coa etiqueta en bo estado, e nun lugar seguro, seco, fresco, ben ventilado, pechado con chave e fóra do alcance dos nenos.
- Lavar tras cada xornada de traballo toda a roupa de protección utilizada no tratamento. Lavar as luvas antes de quitalas.
- Lavar as mans con xabón e auga abundante ao finalizar o tratamento.
- Respectar o prazo de reentrada na parcela tratada acorde coas indicacións da etiqueta.
-
Pregunta 11 de 20
11. Pregunta
COÑECE A QUE RISCOS RELACIONADOS CON ALTERADORES ENDÓCRINOS ESTÁ EXPOSTO/A NO SEU LUGAR DE TRABALLO?
Correcto
¡¡¡Marabilloso!!! Isto reduce os riscos laborais.
Incorrecto
Coñecer os riscos é importante. Cando se traballa con produtos perigosos ou se se produce contaminación ambiental (po, fume, etc.) nos lugares de traballo, é importante coñecer os riscos existentes para poder tomar as medidas de protección axeitadas. Estes riscos dependen de:
- As propiedades perigosas dos alteradores endócrinos. Estas propiedades descríbense na ficha de datos de seguridade
- Formas e niveis de exposición. É importante coñecer as vías polas que se produce a exposición, por exemplo, por inhalación de contaminantes ambientais ou por contacto da pel con alteradores endócrinos.
¡¡CONSELLO!! Seguir as recomendacións e adoptar medidas preventivas reduce os riscos facilitando a súa avaliación . Coñecer os riscos existentes permite tomar medidas para reducilos.
-
Pregunta 12 de 20
12. Pregunta
SABE COMO IDENTIFICAR OS ALTERADORES ENDÓCRINOS NO TRABALLO?
Correcto
¡¡¡Estupendo!!! Isto reduce os riscos laborais.
Incorrecto
Os alteradores endócrinos, ao igual que o resto das substancias químicas perigosas, deben avaliarse.
Aínda que existen diferentes metodoloxías e métodos para realizar esta avaliación, todos presentan unha fase inicial de identificación de perigos. Esta primeira fase ten como obxectivo principal identificar todas as substancias perigosas presentes no lugar de traballo. A información sobre a súa perigosidade está recollida na súa Ficha de Datos de Seguridade (FDS).
Se unha substancia ou mestura ten algún compoñente identificado como alterador endócrino, esta información debe aparecer na FDS nalgún dos seguintes epígrafes: “2.3 Identificación de perigos”; 11.2 “Información sobre outros perigos”, apartado 11.2.1 “Propiedades de alteración endócrina”; ou ben no apartado 12.6 “Propiedades de alteración endócrina”; incluídos dentro das seccións 2, 11 e 12 da FDS.
En caso de non existir fichas de datos de seguridade, ou no caso de que a FDS non teña información sobre este efecto sobre a saúde, deben consultarse outras fontes para determinar se algún dos compoñentes da mestura ou a substancia presentan estas propiedades endócrinas.
No ámbito europeo, disponse da Base de Datos do Catálogo de Clasificación e Etiquetaxe, que contén a clasificación de perigo das substancias notificadas polos fabricantes, así como a listaxe de substancias con clasificación e etiquetaxe harmonizados (Anexo VI do Regulamento CLP). Ademais, haberá que atender ao resto de normativa e regulamentos que afectan o ámbito das substancias químicas e que teñen relevancia no ámbito dos alteradores endócrinos, como son, por exemplo, o Regulamento de Cosméticos, o de Biocidas ou o de Fitosanitarios.
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) ten publicada unha listaxe de substancias identificadas con alteración endócrina recoñecidas ata a data de publicación de dito documento. Esta listaxe pode consultarse en forma de táboa no documento “Alteradores endócrinos. Identificar para avaliar e controlar“
-
Pregunta 13 de 20
13. Pregunta
DISPÓN DUNHA LISTAXE DOS PRODUTOS QUE CONTEÑEN ALTERADORES ENDÓCRINOS QUE USA OU ALMACENA NA SÚA EXPLOTACIÓN?
Correcto
¡¡¡Ben feito!!! Isto reduce os riscos laborais.
Incorrecto
As empresas que teñen e utilizan produtos químicos perigosos deben ter unha listaxe destes produtos. A listaxe é unha base para a avaliación de riscos, pero tamén pode utilizarse entre outras cousas:
- Para obter unha visión xeral dos produtos químicos que conteñen alteradores endócrinos que están presentes e se utilizan na empresa: tamén pode utilizarse para eliminar os produtos químicos que xa non se necesitan, que teñen cambiado de cor, de textura ou que son antigos e non teñen etiquetas.
- Para valorar o risco laboral e ambiental
- Para identificar os alteradores endócrinos especialmente perigosos e considerar a súa substitución.
¡¡CONSELLO!! Eliminar os produtos que non se necesitan antes de empezar a preparar a listaxe
-
Pregunta 14 de 20
14. Pregunta
LE E COMPRENDE AS ETIQUETAS DOS PRODUTOS TÓXICOS?
Correcto
¡¡¡Ben feito!!! Ler, comprender as etiquetas e seguir as instrucións é unha maneira sinxela de previr os riscos laborais.
Incorrecto
As etiquetas dos produtos perigosos son documentos informativos que proporcionan detalles esenciais sobre o mesmo. Estas etiquetas conteñen información sobre a composición, precaucións de seguridade, instrucións de uso e indicacións para entender o perigo destes produtos mediante pictogramas.
A etiqueta ten que vir polo menos na lingua oficial do país en que se comercializa, de forma clara, lexible e indeleble e contará coa seguinte información:
- Nome da substancia ou do preparado. No caso dos preparados debe especificar as substancias máis perigosas.
- Nome, dirección e teléfono do fabricante ou importador.
- Símbolos e indicacións de perigo para destacar os riscos principais.
- Frases H que permiten complementar e identificar determinados perigos mediante a súa descrición.
- Frases P que a través de consellos de prudencia establecen medidas preventivas para a manipulación e utilización.
-
Pregunta 15 de 20
15. Pregunta
UTILIZA E COMPRENDE AS FICHAS DE DATOS DE SEGURIDADE?
Correcto
¡¡¡Ben feito!!! Ler, comprender as FDS e seguir as instrucións é unha maneira sinxela de previr os riscos laborais.
Incorrecto
As fichas de datos de seguridade (FDS) son importantes. Unha FDS contén información sobre os riscos do produto, como previr estes riscos, como protexerse e ,se existen, informa das regras específicas para o produto ou para as substancias contidas no mesmo.
O proveedor de produtos marcados con pictogramas ou símbolos de perigo está obrigado a proporcionar a FDS a máis tardar no momento da entrega do produto e debe estar na lingua nacional.
As FDS son tan importantes que ás empresas que non as teñen actualizadas pódenselles impor multas elevadas.
É un documento que contén información detallada sobre o produto químico e sobre as substancias perigosas que contén: propiedades físicas e químicas, información sobre a saúde, seguridade, lume e riscos para o medio ambiente que o produto pode causar. Tamén debe facilitar información sobre como traballar cos produtos dunha maneira segura.
Os fabricantes e distribuidores de produtos químicos deben preparar e remitir obrigatoriamente e de maneira gratuíta a FDS co primeiro envío de calquera produto perigoso e o empresario/a é responsable de poñer estas fichas ao alcance dos traballadores.
-
Pregunta 16 de 20
16. Pregunta
XÉRANSE SUBSTANCIAS PERIGOSAS QUE PODEN CONTER ALTERADORES ENDÓCRINOS NALGÚN PROCESO DA SÚA EXPLOTACIÓN?
Correcto
É moi importante tratar de eliminar ou cando menos substituír os procesos nos que se xeran substancias perigosas para a saúde.
Incorrecto
Aínda que o descoñeza a verdade é que moitos procesos agrícolas xeran substancias perigosas que poden conter alteradores endócrinos no ambiente do lugar de traballo:
- Aplicación de produtos fitosanitarios e biocidas
- Os procesos de combustión dan lugar á produción dunha mistura complexa de gases, vapores e sólidos tóxicos.
- Os pos orgánicos que se emiten a partires de materiais orgánicos.
- A eliminación de residuos e refugallos.
-
Pregunta 17 de 20
17. Pregunta
COÑECE OS RISCOS QUE PRESENTAN OS ALTERADORES ENDÓCRINOS E SABE PROTEXERSE E TRABALLAR DE MANEIRA SEGURA?
Correcto
¡¡Ben feito!
Estupendo que coñeza os riscos dos alteradores endócrinos. Pero o coñecemento dos riscos non é sufuciente. Debe seguir as regras e rutinas de seguridade en todo momento. Se isto non é posible, debe desenvolver rutinas e regras novas e seguras.Incorrecto
Traballar con estas substancias supón un alto risco de sufrir enfermidades graves, a menos que se traballe con seguridade. Polo tanto existen requisitos para:
- A formación e a información
- Eliminación de substancias perigosas
- Substitución de substancias perigosas por outras menos perigosas
- Medidas técnicas eficaces
- Equipos de protección individual eficaces, ben adaptados e mantidos.
-
Pregunta 18 de 20
18. Pregunta
TEN TIDO PROBLEMAS DE SAÚDE OU TEN ESTADO ENFERMO/A A CAUSA DA EXPOSICIÓN A SUBSTANCIAS PERIGOSAS PRESENTES OU UTILIZADAS NO SEU TRABALLO?
Correcto
Si ten estado enfermo é importante tomar medidas para que esa enfermidade non empeore , senón que desapareza ou se reduza, e tamén para que outras persoas non teñan a mesma enfermidade.
A notificación dos trastornos da saúde ofrece a posibilidade de abordar os problemas antes de que a persoa resulte gravemente enferma.
Incorrecto
Teña en conta que as substancias perigosas poden ter efectos na saúde a longo prazo que non poden detectarse a tempo porque non hai trastornos de saúde perceptibles durante o período, a miudo longo, de desenvolvemento destas enfermidades (cancro, enfermidades cardiovasculares, obesidade, diabetes…) En tales casos, é particularmente importante previr e minimizar a exposición de maneira efectiva.
-
Pregunta 19 de 20
19. Pregunta
COÑECE OS LÍMITES DE EXPOSICIÓN AOS ALTERADORES ENDÓCRINOS?
Correcto
Os alteradores endócrinos son substancias sen límite de exposición seguro.
Incorrecto
Actualmente non hai un valor límite establecido para os alteradores endócrinos, por tanto, non se pode aplicar o principio de “limiar de seguridade” e non se pode establecer unha dose por baixo da que non se espera que se produzan efectos adversos. Isto é debido a que os alteradores endócrinos non seguen unha relación dose-resposta lineal.
Esta relación non lineal podería ser consecuencia de que diferentes receptores estan implicados no mesmo proceso e cada un deles actívase a diferentes doses. É por esta razón pola que non se poden establecer valores límite a considerar como niveis de exposición segura para as persoas traballadoras, xa que eses valores establecéronse para previr outros efectos tóxicos que non protexen fronte á alteración endócrina. Polo tanto, se non é posible a eliminación ou substitución da substancia, débense reducir as exposicións ao máximo.
-
Pregunta 20 de 20
20. Pregunta
SABE POR QUE OS ALTERADORES ENDÓCRINOS AFECTAN MÁIS ÁS MULLERES QUE AOS HOMES?
Correcto
¡¡¡Estupendo!!!
Incorrecto
As mulleres debido ás súas características hormonais, á súa maior presenza de tecido graxo e aos seus roles profesionais e sociais adoitan ser máis vulnerables á exposición a alteradores endócrinos.
As mulleres teñen unha susceptibilidade diferente aos impactos da exposición ás substancias tóxicas debido a:
- Procesos hormonais: ciclo menstrual, menopausa.
- Graxa corporal, masa muscular.
- Espesor da pel.
- Capacidade de detoxificación, isto é, o proceso polo cual o corpo humano é capaz de eliminar aquelas substancias que resultan tóxicas e prexudiciais para o organismo: as toxinas.
- Exposición múltiple a varias substancias.
- Toxicidade modulada polo estilo de vida (hábitos nutricionais, exercicio, etc.).
Estas especificidades non se contemplan adecuadamente nos estudos toxicolóxicos nin nos protocolos de atención médica, dando lugar a unha protección insuficiente das mulleres fronte aos alteradores endócrinos.
Esta guía contén asesoramento e recomendacións relacionados con algunhas cuestións básicas realcionadas cos AE.
Existen outros requisitos que tamén debe coñecer para tomar medidas de protección necesarias na súa empresa e no seu fogar.
Pode continuar co seguinte documento:
