Os nosos principais obxectivos son:

Representar, xestionar e defender os dereitos e intereses das mulleres rurais e das súas familias.

Contribuír en todas as formas e por todos os medios apropiados á formación profesional, técnica, social e cultural das mulleres e familias do ámbito rural.

Procurar a igualdade de oportunidades da muller rural e a súa equiparación co medio urbano.

Fomentar todo tipo de accións formativas, culturais e sociais co propósito de mellorar a calidade de vida da muller rural.

Divulgar coñecementos científicos e tecnolóxicos relativos ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (NTIC).

Concienciar ás mulleres, e aos habitantes do rural en xeral, da importancia do asociacionismo como motor para a transformación deste ámbito.

Fomentar e facilitar o acceso das mulleres a unha formación permanente.

Fomentar a participación das mulleres nas asociacións profesionais e económicas.

Incorporar á muller rural aos procesos de conservación dos recursos naturais e de protección do medio ambiente, garantindo un desenvolvemento sostible.

Impulsar o desenvolvemento da xente nova do medio rural.

Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, manter o arraigo da poboación e fomentar a creación de emprego.

Apoiar o carácter emprendedor e empresarial das mulleres rurais.

Erradicación da violencia de xénero que se exerce contra as mulleres.
Contacta coa asociación
RURAIS DE GALICIA
- 981 587 565
- mulleresautonomas@gmail.com
- Rúa Costa Nova de Abaixo, nº 10 - Baixo. 15704 Santiago de Compostela.